|
|
||
Os galegos fixeron 21 reclamacións por emisións de antenas de móviles en 2006 |
||
| O Goberno ven de responder ao Bloque Nacionalista Galego que no ano 2006 recebíronse un total de 21 reclamacións dende Galiza polas emisións das antenas de telefonía móvil. Porén, o Goberno non responde a Francisco Rodríguez sobre as dúas antenas instaladas en Ferrol que incumpren a normativa municipal e que poderían ter relación con varios casos de cancro. | ||
| (viernes 30 de marzo de 2007) | ||
|
XORNAL I Madrid .- En resposta a unha pergunta do portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, o Goberno informa de que o pasado ano os cidadáns galegos presentaron 21 reclamacións polas emisións das antenas de telefonía móbil.
En concreto, o Ministerio de Industria asegura na súa resposta ao deputado nacionalista que en 2006 a Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información “recibiu un total de 341 reclamacións relativas a niveis de emisións derivados da telefonía móbil, e en particular de Galiza recibíronse 21 reclamacións”. O Goberno resposta así a unha pergunta do deputado do BNG na que demanda ao Goberno que información sobre as inspeccións das antenas de telefonía móbil instalas na Galiza para ver se superan os índices de emisións electromagnéticas establecidos no Real Decreto 1066/2001. Francisco Rodríguez lembraba na súa pergunta que “non é a primeira vez que en Galiza e no Estado Español se dan casos nos que coincide unha alta incidencia de persoas enfermas de cancro co feito de convivir debaixo, ao carón ou nas proximidades dunha antena de telefonía móbil”. A este respeito, o Goberno asegura na súa resposta que “se están a respectar os niveis de referencia establecidos” e que “en todos os casos se detecta a circunstancia de que os niveis de emisións medidos son moi inferiores aos niveis de referencia establecidos no Real Decreto 1066/2001. NON RESPONDE AO CASO DE FERROL.- Porén, o Goberno elude responder á pergunta do deputado do BNG na que lle demandaba información sobre as inspeccións periódicas realizadas polo Ministerio de Industria –a autoridade competente- sobre as antenas situadas na cidade de Ferrol, e en concreto as do barrio de Canido. Rodríguez alertaba do caso de dúas antenas instaladas en Ferrol, unha nun edificio da rúa Riego, números 13-15, e outra no tellado dun edificio habitado, situado na rúa Alonso López, números 74-76, “e próximo a unha gardería e a un colexio de educación primaria, o San Rosendo, e sobre a que pesa un expediente aberto polas autoridades municipais por non cumprir a Ordenanza municipal nesta materia” Sobre esta última antena, Francisco Rodríguez subliñaba na súa pergunta de que “no transcurso do último ano morreron catro persoas por cancro en familias que habitan no edificio mencionado, o que induce a pensar que esta infraestructura non respeita os niveis de emisións radioeléctricas establecidas no Real Decreto 1066/2001”. |
Xornal.com
