MORAÑA ( PONTEVEDRA) CLUSTER DE CANCER:INFORMA APDR ( Asociación pola defensa da Ría de Pontevedra.)
CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN MORAÑA: COS AFECTAD@S DE SANTA LUCÍA, ACTO INFORMATIVO E ASEMBLEA
O sábado 29.03.08 os veciñ@s afectados de Santa Lucía de Moraña organizaron na Casa da Cultura un acto informativo presentado pola súa voceira Beatriz Diz coa participación de membros do movimento veciñal (Fini Manso da Federación de AA.VV. Roi Xordo de Ferrol) e do movimento ecoloxista (Xulio Carmona da APDR) que introduciron á situación actual científico-xurídico-legal e información sobre outros clusters. Beatriz informou sobre: a ilegalidade das 3 antenas base de telefonía móbil e do transformador (ausencia de licenza de actividade), a respota á documentación enviada por Sanidade (que non respondía ás demandas dos veciñ@s de facer un estudo epidemiolóxico: "só enviaron datos a nivel autonómico, provincial e de Moraña non extrapolables á situación de Santa Lucía"), e o coñecemento de novos casos como os 2 de cancro no CPI de Santa Lucía que se suman aos 4 xa detectados en devandito centro de ensino. Se acorda na asemblea: enviar unha nova petición a Sáude Pública -enviada o 04.04.08- (estudio epidemiolóxico e clausura cautelar das antenas e do transformador) e denunciar a situación de ilegalidade ante o concello, o valedor do pobo e o fiscal do medio ambente. No debate se expuxo aos concelleiros presentes a necesidade dun regulamento municipal que defenda o principio de precaución ante a contaminación electromagnética. Ver Notas de prensa: 27.03.08 e 04.04.08 , Ver: Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e Voz de Galicia do 30.03.08. Ver Voz de Galicia 05.04.08. Ver peticións a D.X. Saúde Pública: 1ª Petición do 08.06.07, 2ª Petición do 04.04.08.
