CENTROS DE ENSEÑANZA SALUDABLES = CENTROS LIBRES DE HUMO DE TABACO, DE COMIDA BASURA Y DE ELECTROPOLUCIÓN ( WIFI).CENTROS DE ENSINO SAUDÁBEIS = LIBRES DE FUME DO TABACO, COMIDA LIXO E ELECTROPOLUCIÓN ( WIFI)
Mensaxe para pais e nais de alumnos e alumnas dos centros de ensino galegos.
Sabes que o Consello de Europa... ? ante un maior risco de efectos biolóxicos potencialmente nocivos dos campos electromagnéticos na infancia e mocidade solicitou (25.05.2011) aos estados membros primar nas aulas a conexión a internet por cable [sen WiFi], evitando o uso do móbil no recinto escolar, e fomentar campañas de información e sensibilización sobre os seus efectos potenciais nocivos.
Sabes que a OMS (IARC)... ? clasificou (31.08.11) estas radiacións das tecnoloxías sen fíos (móbil, Wi-Fi, Wimax ...) como posíbeis canceríxenos en humanos, solicitando o propio director do IARC "reducir a exposición a estes dispositivos".
Sabes que o proceso de informatización do Programa Abalar da Xunta de Galicia, adaptación do Programa estatal escola 2.0, ... ? impón que a conexión a internet sexa por vía Wi-Fi nas aulas de 5º de Primaría e 1º da ESO seleccionadas, incluso en aqueles centros que xa teñen establecida a configuración por cable.
Sabes que noutros paises da nosa contorna ...? xa hai escolas, universidades, bibliotecas, concellos, etc., que optaron pola conexión por cable aplicando xa o principio de precaución.
A campaña escola sen Wi-Fi nace da inquedanza e preocupación de nais e pais, profesionais do ensino e a sanidade, persoas e colectivos sociais en xeral, ante esta electrocontaminación crónica e continuada.
Dende escola sen Wi-Fi avogamos por unha escola saúdabel libre de contaminación electromagnética para alumnado e profesorado coa retirada do sistema Wifi das escolas e a instalación da rede por cable (non contaminante, máis rápido e seguro)
Nesta páxina pódeste informar da campaña , dos consellos de principio de precaución e propostas dende o ámbito científico, institucional e social, e acceder aos medios para actuar na protección do alumnado e profesorado, así como tomar contacto connosco para inserir grupos de acción que xa estean a traballar, conectar cos que xa existan ou crealos.
(Fonte)Ver o orixinal da APDR

Joan Carles López Sancho dijo
Buena iniciativa, el fomentar la explicación, y las actitudes toxicas además de el tema inalámbrico en los centros educativos
24 Enero 2012 | 07:24 AM